Abertos os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor este domingo 10 de novembro desde ás 10:00 horas
Este domingo 10 de novembro, día do partido do Dépor ABANCA ante a Real Sociedad (12:00 horas) en ABANCA-RIAZOR, permanecerán abertas os despachos de billetes do Palacio dos Deportes desde as 10:00 horas.
Estarán dispoñibles, e en calquera momento online en bancada.é as entradas de público ao prezo único de 10 euros.
Os abonados e abonadas ao Dépor ABANCA tamén poden retirar a súa entrada (gratuíta e obrigatoria) online en bancada.é e no propio despacho de billetes.
En primeiro momento están dispoñibles entradas de Tribuna Inferior e iranse abrindo bancadas a medida que se vaian ocupando.