RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

As Nosas Cores: Arsenio Lenda, segundo equipamento do Dépor 24-25

Kappa, patrocinador técnico do RC Deportivo, presenta hoxe, da man do Club, o segundo equipamento do Dépor 2024-2025: "Arsenio Lenda", un deseño exclusivo entre ambas as entidades que, como o primeiro e o terceiro uniforme, está dedicado a Arsenio Iglesias, o personaxe con maior influencia directa no terreo de xogo nos 117 anos de historia do RC Deportivo.

Arsenio Lenda, o segundo equipamento do Dépor para esta temporada, xa está a disposición do Deportivismo nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR, Marineda City, rúa Real e en www.deportienda.es.

O segundo equipamento deportivista para esta temporada está inspirada nunha das pezas máis significativas que vestiu Arsenio Iglesias como adestrador. O 'Raposo de Arteixo' é, con ampla diferenza, o técnico que máis veces dirixiu ao Dépor, con 568 partidos oficiais ao longo de 13 temporadas e en catro etapas distintas: 1971-1973, 1982-1985, 1988-1991 e 1992-1995. A camiseta, en cor azul mariño e con pescozo e ribetes en vermello, presenta unhas formas xeométricas e unhas bandas branquiazuis no peito que lembran ás míticas pezas que vestía Arsenio como adestrador.

Na parte interna do pescozo, a camiseta leva un rostro de Arsenio xunto ao nome do equipamento e a frase "Orde e talento", coa que resumía o estilo de xogo que aplicaba aos seus equipos como adestrador. O pantalón e as medias manteñen os mesmos tons que a camiseta.

Fundada en 1967 en Turín por Maurizio Vitale, Kappa creou a súa primeira liña deportiva en 1978. Pouco despois foi a primeira marca en Italia en patrocinar un equipo de fútbol. Unha decisión estratéxica que a situou no mercado internacional. Nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984, Kappa foi o patrocinador oficial do equipo de atletismo de Estados Unidos, cando Carl Lewis gañou catro medallas de ouro. Historia, deporte, tecnoloxía, innovación, deseño, estilo, orixinalidade, singularidade e futuro son os valores que definen a natureza da marca italiana que representan unha traxectoria repleta de fitos, como a creación da camiseta Kombat no 2000, a primeira que rompeu as regras do fútbol.