RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

As Nosas viaxan este venres por estrada a Vitoria para medirse o sábado ao Deportivo Alavés

O Deportivo ABANCA viaxa este venres por estrada a Vitoria para medirse o sábado 17 de febreiro ás 13:00 horas ao Deportivo Alavés, en partido correspondente á 19ª xornada en Primera Federación Iberdrola.

O regreso á Coruña será após o partido, tamén en autocar.

O plan de viaxe é o seguinte:

Venres 16 de febreiro
10:00: Adestramento en Abegondo
12:30: Saída en autocar a Vitoria, con parada para comer en El Cuadro (Asturias)
19:30 (horario aproximado): Chegada ao Hotel NH Canciller Ayala

Sábado 17 de febreiro
13:00: Deportivo Alavés - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva José Luis Compañón en Ibaia
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña