Catro sesións esta semana para un Dépor consciente que "isto se consegue a base de traballo, a base de seguir tentándoo"
O Dépor comeza mañá luns 23 de setembro a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Albacete Balompié prevista para o venres 27 de setembro ás 20:30 no Estadio Carlos Belmonte (20:30, LaLiga TV Hypermotion e #Vamos), correspondente á 7ª xornada en LaLiga Hypermotion.
Co resultado da fin de semana, Os Nosos suman 4 puntos na zona baixa da táboa.
En zona mixta onte, Lucas Pérez asegurou que "o que quero é volver a Abegondo a adestrar, limpar a cabeza... e isto continúa".
O capitán deportivista non quere ser "repetitivo pero isto é moi longo"; e reitera que "mañá será outro día, mañá vai saír o sol, e a semana seguinte; e sabemos que o venres #ANOSAFORZA vai ir a Albacete a animarnos outra vez, e nós con eles a matar".
Conclúe Lucas que "isto se consegue a base de traballo, a base de seguir tentándoo. Non hai outra maneira".
Imanol Idiakez disporá de 4 adestramentos na Cidade Deportiva ás 11:00, con almorzo previo para o cadro xa na instalación a partir das 8:30 cada día.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 23 de setembro 11:00 h.
Martes 24 de setembro 11:00 h.
Mércores 25 de setembro 11:00 h.
Xoves 26 de setembro 11:00 h.
Venres 27 de setembro 20:30: Albacete Balompié - Deportivo, no Estadio Carlos Belmonte