RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Charla e habitual sesión pospartido para Os Nosos ante "un momento ideal" e "unha oportunidade marabillosa co partido o domingo"

Novo adestramento do Dépor en Abegondo apenas 9 horas despois de aterrar en Galicia procedente de Valencia xa ante "unha oportunidade marabillosa co partido do domingo", tal e como subliñou Imanol Idiakez onte á noite en referencia ao choque ante o Real Racing Club deste domingo 27 de outubro ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion).

"Non temos tempo nin para lamentarnos", manifestou o técnico deportivista na súa comparecencia ante os medios de comunicación na sala de prensa do Levante UD.

En parecidos termos expresouse onte Pablo Vázquez: "O fútbol non te dá tregua e en 2 días temos un compromiso duro en ABANCA-RIAZOR co líder; e é o momento ideal para dar un revolcón a isto e meternos na dinámica que queremos".

A chuviosa xornada de hoxe venres arrincou con charla no vestiario.

O preparador branquiazul apuntou onte que "a situación na táboa preocúpame cero. Estou de bastante mala hostia pola primeira parte que xogamos porque até agora o equipo non dera síntomas dun rendemento como leste".

Os titulares xa quedaron no vestiario para unha xornada de recuperación con ximnasio e fisioterapia.

Para o resto do cadro, incluído xa Juan Gauto, houbo activación con rondos e finalizacións.

Están con adestramento personalizado Jose Ánxo, Mfulu e Jaime.

Pablo García e Alfaro, que onte seguiron o encontro no banco do Ciutat de València, foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá sábado 26 de outubro o Dépor adestrarase ás 16:00 en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada.