DIGI continuará como patrocinador oficial do RC Deportivo até xuño de 2026
DIGI, operador de telecomunicacións do Grupo DIGI Communications en España, e o RC Deportivo asinaron un acordo polo que o operador continuará sendo un dos patrocinadores oficiais do Club durante as 2 próximas temporadas, até xuño de 2026.
Deste xeito, o RC Deportivo lucirá na manga da súa camiseta o logo do operador. Ademais, o acordo mantén tamén o compromiso de DIGI co Fabril e #ANOSACANTEIRA, cuxos equipos lucirán o logo nas costas, sobre o dorsal.
Massimo Benassi, Director Xeral do RC Deportivo, afirma que "DIGI ten un claro compromiso coa Coruña e con Galicia; e unha mostra máis diso é este acordo, que prolonga dous anos máis a súa colaboración co noso Club. Con DIGI seguiremos da man para poder lograr todos os nosos obxectivos".
Pola súa banda, Marius Varzaru, Conselleiro Delegado de DIGI España, sostén que "é un orgullo apoiar a este Club tan recoñecido e con tanta historia co que estamos encantados de seguir colaborando dous anos máis. Estamos seguros de que continuaremos cultivando moitos éxitos xuntos".
DIGI renova o seu apoio tanto ao RC Deportivo, un Club co que comparte valores como o esforzo, a ilusión e o compromiso, como a #ANOSAFORZA.