RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Imanol cre que o Dépor é outro nivel de sentimento, de ilusión, de emoción

Imanol Idiakez subliñou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "a min adestrar ao Dépor é o que me fai máis ilusión de todo. Cando vin sabía onde viña, pero non era consciente do todo e despois dun ano, despois do que vin, despois do sábado e o domingo, isto queda para sempre gravado dentro. Estamos a falar doutro nivel de sentimento, de ilusión, de emoción e desde logo faime unha ilusión terrible ser adestrador do Dépor".

Cre que o actual cadro ten unha base sólida para a temporada que vén: "A Segunda División é unha categoría de equipos. O Albacete co mesmo equipo hai un ano está a piques de ascender e ao ano seguinte está a pelexar polo descenso até o final. É unha categoría de dinámicas. Todos os cadros temos bos futbolistas. É un pouco a Primera RFEF, pero elevada ao seguinte nivel: cadros moi igualados, cadros de futbolistas moi parecidos, quitando normalmente os que baixan de Primera, que teñen presupostos por encima do resto e que evidentemente aspiran a futbolistas doutro nivel. O resto son todos irmáns xemelgos practicamente e podes ver equipos que un ano pelexan por arriba e no seguinte pelexan por abaixo porque depende moito das dinámicas, dos estados de ánimo, das contornas, de moitas cousas que ás veces non se poden controlar".

Está convencido que "temos unha boa base e ademais seguro que de aquí a que empece a temporada que vén imos facer unas cantas cousas que nos van a facer aínda mellores".

Advirte que o CD Castellón, rival hoxe mércores ás 21:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV) no partido de ida da Final de Campións de Primera Federación "é un equipo moi bonito, un duelo moi atractivo para nós. É un equipo un pouco tolo mesmo poderiamos cualificar, un equipo que xoga a campo aberto, que sen a pelota vai buscar ao rival, a pares, a todo o campo, a perseguir, coa pelota ponse moi ancho, moi alto, podes ver aos centrais facendo unha parede e chegando á área contraria... É un equipo con moitísima mobilidade e un fútbol moi vistoso. Creo que imos ver un partido bonito".

O preparador branquiazul pide "xogar o noso fútbol. Nese aspecto non hai tantas diferenzas con eles, nós tamén somos un equipo que vai buscar ao rival, que vai tentar dominar. Mañá igual a pelota vai estar máis dividida do habitual porque vai haber moito duelo a todo o campo. A ver se somos capaces de gañar eses duelos tanto con como sen balón. Espero un partido de moitas ocasións".

Lembra que o pasado domingo ante o Real Unión de Irún "tiñamos a motivación o domingo da segunda volta enteira sen perder, dos puntos, de marcas. E agora temos esta eliminatoria que nos chega con moitas baixas pero que en 4 días témola que liquidar e motívanos por suposto poder conseguir ese título e un título máis nas vitrinas do Dépor".