Imanol Idiakez desvelou na sala de prensa de Abegondo que ao acabar o partido ante o Real Racing Club comentoulle aos seus futbolistas que "esta é a distancia que temos co líder de Segunda División: pouquiña por non dicir un erro aquí e un erro alí. Estamos preto de todo iso e é mérito dos xogadores. Estou convencido que os resultados van chegar porque temos calidade e os xogadores queren. Isto do fútbol é moi caprichoso e moi fodido pero a dificultade é estar de pé cando veñen mal dadas e desde logo aí dentro imos estar de pé".
Asegura que "somos moi fortes, demostrámolo hoxe. Sabemos cal é o camiño. Pasamos por moitas todos os que estamos aquí. Fai ben pouquiño que as pasamos. Esta é unha categoría que che esixe ser moi fino e é verdade que non estamos a ser finos".
Iso si, lembra o técnico branquiazul que "todos os datos falan que o equipo funciona ben. É verdade que non estamos a sacar o resultados pero estou convencido que van chegar e nesta situación vese a todo o mundo, aos de dentro e aos de fóra. É interesante saber con quen podemos contar nos momentos difíciles".
Sostén "non podo máis que felicitar aos xogadores porque se mantiveron de pé cun rival ademais que a contra é tan bo, con xente tan boa pasando como Iñigo Vicente ou Andrés. Non podo reprochar moitas cousas porque o acerto non é voluntario. Os xogadores queren. Hai que seguir. Nestes momentos nos que non entra o balón é cando se mide á xente, cando nos medimos todos".
Finalmente Imanol Idiakez cre que após os dous goles do Real Racing Club "reaccionamos ben, tivemos o traveseiro de Villares, a ocasión de Barbero, situacións preto da área e non se pareceu nada ao partido de Valencia".