RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAHISTORIA

Javier Irureta presenciará o Dépor-Sestao como convidado ao Palco de Honra de ABANCA-RIAZOR

Javier Iruretagoyena Amiano regresará mañá domingo ao Estadio ABANCA-RIAZOR con motivo do encontro correspondente á 16ª xornada do grupo 1 de Primera Federación entre RC Deportivo e Sestao River Club, dous dos equipos nos que fixo historia como adestrador.

O ex técnico irundarra recibiu a invitación por parte do Presidente branquiazul, Álvaro García Diéguez, hai pouco máis dun mes. O máximo dirixente deportivista xa convidou naquela ocasión ao ex adestrador ao palco do Stadium Gal para presenciar o encontro correspondente á 11ª xornada do grupo 1 de Primera Federación entre a Real Unión Club, conxunto da localidade natal do preparador, e o RC Deportivo disputado o pasado 5 de novembro.

Javier Irureta foi adestrador do RC Deportivo entre 1998 e 2005, anos nos que dirixiu ao equipo á conquista de 4 dos seus 7 títulos oficiais (Liga 2000, Copa 2002 e Supercopas 2000 e 2002) e nos que se converteu no segundo adestrador con máis partidos oficiais (377) co Dépor, só superado por Arsenio Iglesias (568). Con anterioridade comezara a súa carreira nos bancos no entón chamado Sestao Sport Club, ao que en 1985 ascendeu a Segunda División, categoría na que o preparou durante tres campañas e na segunda delas mesmo chegou a acariñar o ascenso a Primeira División.

Durante a súa estadía na Coruña, o Club entrevistou a Irureta no marco do seu traballo de recuperación e ordenación de #ANOSAHISTORIA. Desde hai 7 anos, o RC Deportivo entrevistou a preto de medio centenar de personaxes relevantes do pasado branquiazul, ex adestradores, ex xogadores e ex dirixentes, co obxecto de conservar para sempre os seus testemuños en formato audiovisual.

O RC Deportivo, para que Irureta síntase como en casa durante estes días, reservoulle a habitación 514 do Hotel Meliá María Pita na que viviu durante os seus 7 anos na Coruña.