RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Martín Ochoa, deportivista até 2028

Martín Ochoa Ruiz (Logroño, 20 de decembro de 2004) asinou a renovación co RC Deportivo até xuño de 2028.

Após chegar a #ANOSACANTEIRA en categoría cadete, o dianteiro rioxano formou parte daquel Xuvenil A histórico representante español na UEFA Youth League, competición na que o Club asombrou a toda Europa nos seus partidos en ABANCA-RIAZOR.

Co Fabril logrou a campaña pasada o ascenso a Segunda Federación. Sendo aínda xuvenil foi o máximo goleador do filial, con 16 tantos en 27 partidos.

Martín Ochoa debutou co Dépor en partido oficial o pasado 26 de agosto en ABANCA-RIAZOR ante o CF Rayo Majadahonda.

No que vai de temporada participou nun total de 11 partidos de liga, 4 deles como titular, e anotou 1 gol, o da vitoria na Nova Creu Alta ante o CE Sabadell FC. Ademais xogou en Copa del Rey na primeira eliminatoria ante o CD Covadonga. Co filial branquiazul participou en 4 encontros, 3 de inicio.

Convocado en varias ocasións para sesións de adestramento, alcanzou a internacionalidade en categoría Sub-18, nun amigable fronte a Marrocos Sub-20 en Rabat, o 26 de abril de 2022, con vitoria española por 1-2.

A renovación de Martín Ochoa súmase ás asinadas nos últimos meses por Mella, Dani Barcia, Brais Suárez e Iano (2026), Yeremay (2026 e un ano máis automático en caso de ascenso a Segunda esta temporada ou a próxima), Kevin, Rubén López e Diego Gómez (2028), nunha clara mostra da confianza do Club no bo traballo realizado na Cidade Deportiva de Abegondo.