RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Massimo Benassi: O Club desde o 1 de xullo non vai ter nin un euro de débeda

Massimo Benassi, Director Xeral; e Fernando Soriano, Director Deportivo, puxéronse esta mañá a disposición dos medios de comunicación na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR "celebrando os resultados dunha temporada incrible, que saímos do concurso de acredores con 24 anos de antelación; e contar o futuro e o proxecto en Abegondo, algo moi importante e estamos seguros que vai ser unha das mellores cidades deportivas de España nos próximos anos".

Benassi subliñou que "o Club o 1 de xullo non vai ter nin un euro de débeda. Antes de entrar en concurso de acredores o patrimonio neto negativo do club era de case -120 millóns de euros e o 1 de xullo imos ter un patrimonio neto positivo e non imos ter débeda. É a primeira vez na historia do club que pasa".

Estes foron algúns dos temas abordados:

Xunta de Accionistas
Massimo Benassi (M.B.): "Na temporada 11-12 a acción da Deportivo valía -811 euros e na temporada 12-13 a acción valía -900 e pico euros. Por que isto? Porque unha sociedade que ten patrimonio neto negativo, unha acción non ten un valor económico. No momento no que o Club entra no concurso de acredores toda esta capitalización que se vai a facer é para poder entrar no fútbol profesional sen ningunha carga extra. E sobre todo, un punto moi importante é que se dá a posibilidade ao accionista de manter a súa porcentaxe con respecto ao capital do club. Non hai ningunha operación rara nin nada polo estilo. É unha operación para sanear o club e por primeira vez na historia desde o 1 de xullo non vai ter ningún euro de débeda".

Venda do Club
M.B.: "Non hai ningunha intención nin traballamos para iso. E a demostración é que todo o esforzo que fixo ABANCA desde que entrou no Club rolda os 300 millóns de euros, entre pagos de débedas, achegas de varias formas. Independentemente do que pase con CVC e os resultados deportivos, o Club decidiu asumir un investimento moi importante en Abegondo e ímolo a facer nas próximas 2, 3 temporadas. Estamos a estudar outras melloras en ABANCA-RIAZOR para que os afeccionados poidan gozar máis e mellor da experiencia dun día de partido e non só dun día de partido".

Cidade Deportiva de Abegondo
M.B.: "É un tema clave e é un alicerce fundamental do futuro do Deportivo. Empezamos coa reforma do campo de céspede artificial, que era o que moitísimos usuarios da cidade deportiva detectaban como mellora primaria. En segundo lugar estamos a cambiar os campos 2 e 3, que é onde adestra normalmente o primeiro equipo. Están a cambiarse completamente non só a nivel de tepe, senón tamén a rega e todo o que está por baixo do tepe. Estamos a traballar en todo o que é o edificio existente, en mellora nas instalacións ben na parte do masculino e tamén na parte do feminino".
M.B.: "Sobre o 8, 9, 10 de xullo vai estar todo o que o primeiro equipo necesita, acabado e en perfectas condicións. E o Dépor ABANCA absolutamente o mesmo. Vai ter un vestiario novo, con novas zonas médicas, de fisioterapia. Ides ter unha sala de prensa nova. Non vai estar lista para principio da temporada, pero si que esperamos que antes dos primeiros días de setembro poidades ter unha sala de prensa un pouco máis moderna".
M.B.: "Estamos a traballar coa empresa Populous, que é a que fixo o novo estadio do Tottenham, a cidade deportiva do Manchester City... Estamos a traballar con eles nun proxecto a 360º que nos vai a definir cales van ser os prazos e cal vai ser todo o percorrido na cidade deportiva. Esperemos presentalo pronto".

CVC
M.B.: "Non hai ningunha decisión tomada. Estamos a valorar todas as opcións. É un tema que temos que valorar moi ben. Non só é unha operación financeira. É un tema tamén institucional, un plan impulso que ten A liga que desenvolve diferentes departamentos do club e é algo que temos que valorar ben, non só a nivel financeiro, senón tamén a nivel corporativo, con todos os departamentos que están involucrados".

Regreso á liga
M.B.: "Cando deixa de pertencer á liga o Dépor ten unha débeda de máis de 100 millóns de euros. Pertence á última categoría para gasto en control económico. E agora mesmo o Club o 1 de xullo non vai ter nin un euro de débeda e se non vai pertencer á primeira categoría é porque somos un recentemente ascendido a nivel legal, pero está o club completamente saneado desde un punto de vista económico. A nivel de límite salarial non nos temos que esquecer que polas normas que nos marca a competición somos un recentemente ascendido. Nos dereitos de televisión non temos histórico da temporada anterior porque non estabamos na liga. Entón imos recibir o mínimo".

Substitución na dirección da canteira
Fernando Soriano (F.S.): "Aínda non hai un cambio elixido, estamos nese proceso. Cando ocupas esa posición na que a sintonía ten que ser máxima e tes que ter moitísima confianza na persoa que tes á beira, esa sintonía despois dun ano non terminaba de estar ao 100%. Decidiuse buscar outra figura nesa posición. O funcionamento de Abegondo para min está a ser incrible. Haberá un cambio na dirección, pero no funcionamento e no cambio iremos mellorando algunha parcela dentro do que se trata cos rapaces, pero pouco cambio máis".
F.S.: " Cambios vai haber poucos. En principio temos a Borja Facal, Director de Metodoloxía, que é un pouco o que dá as liñas nas que nalgún momento pódese realizar algún cambio de orde".

Juan Carlos Valerón
M.B.: "Sempre hai conversacións con Juan Carlos. É unha persoa que fixo a historia deste club e as portas do Deportivo sempre van estar abertas para el. En concreto non hai nada, pero se el está disposto ou quere volver traballar, obviamente aquí non se lle vai a dicir nunca que non. Temos unha relación cordial. O futuro dirá se pode ser algo concreto pero as relacións son moi boas".

Convenio coa AFAC
M.B.: "Non dixemos que non queremos seguir co Convenio. O Convenio tiña unha cláusula que recollía que se non se notificaba á outra parte renovábase automaticamente nas mesmas condicións por 2 anos máis. E iso é o que fixemos. En canto chegue o Director do Fútbol Formativo, el será a persoa que se terá que sentar coa AFAC para retomar as conversacións. Queremos seguir traballando con todos os clubs de fútbol base e seguir co rol que tivo o Deportivo até agora. Espero que eles até o 30 de xuño, que é final de convenio, respecten o que estaba establecido, como nós respectamos até agora o que estaba establecido. Imos sentarnos para ver como poidan mellorar as sinerxías e, sobre todo, que todos os clubs modestos poidan beneficiarse de ter máis formacións, actualizar máis os adestradores, de ter un intercambio de información e de metodoloxía de traballo que podamos achegar nós".

Mario Soriano
F.S.: "É un xogador do Deportivo. Agora mesmo está a competir co Eibar, pero co ascenso ten que regresar á Coruña. É do agrado do míster, meu. É un xogador moi importante e que por suposto confiamos en que todo o ben que o fixo este ano tamén o ano que vén poida ofrecelo aquí. Deixou aquí un labor no campo incrible e confiamos o ano que vén, con Lucas, Yeremay e Mella temos aí xente importante para poder competir en condicións óptimas".
F.C.: "A nosa proposta será a de ampliar contrato, que estea máis tempo connosco por idade, por calidade, por rendemento. É un xogador que nun futuro pode seguir achegando moitísimas cousas e esa é a idea".

Mundial 2030
M.B.: "Non temos ningunha información. Nós como club non presentamos ningún papel da candidatura. A candidatura foi presentada polo Concello e estamos á espera do que poida dicir a Federación e a FIFA".

Partidos do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR
M.B.: "A idea é que a condición de que sexa compatible co calendario do primeiro equipo masculino as mozas poidan xogar en ABANCA-RIAZOR. Hoxe empezamos as obras do céspede. Vaise a pór un céspede híbrido de última xeración, como a maioría que hai en Primera División, porque historicamente este estadio sempre foi un dos mellores de España e o obxectivo é volver selo. Xa desde hoxe empezamos para que poida haber un céspede en condicións óptimas. A idea é que o Dépor ABANCA poida xogar aquí a condición de que o calendario permítao".

Relación co Concello
M.B.: "A relación está moi ben. Proba diso é que o venres se volve a reactivar a Comisión de Seguimento sobre o Convenio. Entre outras cousas falarase do Teresa Herrera e de todo o que pode ser o futuro a curto prazo do estadio, pero volvemos traballar xuntos, como sempre fixemos. A idea é manter unha serie de relacións óptimas con todas as institucións, non só co Concello e non só desde un punto de vista de institucións políticas".

Base para competir en Segunda
F.S.: "Con esta base podemos competir e moi ben en Segunda División. A posición de central témola cuberta. A posición de media punta témola tamén moi cuberta coa volta de Mario Soriano, con Lucas, con Hugo Rama. Si que buscamos reforzos que nos tenten subir o nivel sempre partindo dunha base que este ano demostrou que pode render moi ben sen ningunha dúbida nunha categoría superior".

Incorporacións
F.S.: "A idea é que veña un porteiro e un dianteiro tamén".

Renovación de David Mella
F.S.: "Está en proceso. Demostrou un deportivismo atroz. O que queira a este club é incrible. É unha peza fundamental para nós. É certo que o leva moi ben, sabe delegar perfectamente para que non lle condicione no seu rendemento diario. Quedan 2 anos de contrato e irémolo vendo pero por suposto a intención do Club é ampliar ese contrato para que estea o máximo de tempo posible connosco".

Renovación de Jairo
F.S.:"Ten que ser un pouco máis rápido. Hai situacións nas que temos que chegar tamén a un punto de encontro. É certo que agora mesmo no primeiro equipo esa zona na que adoita xogar Jairo está máis concorrida e témola ben cuberta. Fáltalle un último clic para poder dar ese salto".

Obxectivo do Dépor esta temporada
F.S.: "Márcome o día a día. O que quero é que sexamos un equipo ambicioso e que cada partido o Deportivo saiba o que representa e que se tente gañalo, sexa quen sexa o que estea diante. A partir de aí o camiño iranos marcando onde podemos chegar. Son bastante precavido niso e gústame máis ir no día a día, en facer bo grupo, boa piña, confeccionar unhas persoas que formen un grupo humano forte para que se veñen mal dadas sexa capaz de levantarse; e que teña a suficiente personalidade e esa ambición para que cada partido que salga a disputar salga coas ganas e a ansia de gañar".

Número de xogadores en cadro
F.S.: "A pretemporada é moi importante, moitas veces máis do que nos cremos. Eu dígollo aos xogadores: 'tede coidado que a pretemporada marca moitas veces o devir do equipo, mesmo do voso persoal'. Non creo que nunca cheguemos a 25. A idea é ter se cadra algún xogador menos. Con 4 centrais estamos ben. É certo que se hai algunha situación de mercado que nos poida axudar ou que sexa algo de futuro non o descarto tampouco. Noutras posicións, por exemplo, pivotes, estamos máis xustos. Agora mesmo temos a Jose Ángel, a Villares, a Rubén. E non temos máis. Aí si que ten que haber incorporacións si ou si. Non son dos que me guste ter cadros moi longos e máis cando me gusta deixar espazo tamén á xente que vén apertando abaixo. Aí temos a Diego Gómez, que tamén está a apurar moito e que espero que tamén vaia dando pasos cara adiante para poder ser ese xogador que estea a participar asiduamente no primeiro equipo".

Rubén, Martín Ochoa ou Kevin
F.S.: "En principio van incorporarse ao primeiro equipo en pretemporada e a partir de aí decidiremos. Rubén demostrou día após día o seu traballo, compromiso e o seu rendemento. Martín Ochoa pode ter ficha Fabril, pero deportivamente para todos os efectos será xogador do primeiro equipo. E Kevin acaba a súa etapa xuvenil. Seguramente empece a pretemporada co primeiro equipo. Aínda está por decidir pero por suposto é un xogador que gusta moito e tense moita fe nel. Acaba de terminar a etapa xuvenil. Hai veces que acelerar un proceso pode ser prexudicial. Niso si que temos moitísima cautela e si que é certo que é un mozo que está con moita confianza e con moita determinación de ser xogador profesional. Iso nós valorámolo moito".

Davo
F.S.: "Davo xa é xogador en propiedade e non sei o momento do pago. Creo lembrar que era diferido en 2 anos. Non o teño na cabeza exactamente, pero ten unha data e no momento que chegue ese momento farase".

Pablo Muñoz
F.S.: "En principio volverá facer a pretemporada e veremos. É un xogador novo con moita proxección. No momento da saída en Nadal dubidamos porque tivo algunha lesión, pero cando estaba ben era un xogador con moitas calidades. Non tivo sorte no Atlético Baleares e tamén pode xogar un pouquiño por detrás, que é onde o estaba colocando o míster nos últimos momentos. O normal é que volva e vexamos en pretemporada a decisión que tomamos".

Prezos dos abonos
M.B.: "Vai haber diferentes prezos para as antigüidades. Os que estiveron no barro connosco os últimos 4 anos ou máis van ter o mesmo prezo da última temporada en Segunda División do Dépor na 2019-20".

Lista de espera de socios
M.B.: "Vanse a dar unhas datas de renovación, de cambio de asento e de todo o que se fai. E os que non renovasen, por orde de lista de espera, darase a oportunidade de poder sacar unha alta nova".

Saídas
F.S.: "Comentouse a Paris Adot, Pablo Valcarce e Berto Cayarga a posibilidade de que deportivamente non contemplamos a súa presenza no equipo a temporada que vén. Estamos nun proceso agora mesmo de falar, de negociar, de ver as opcións".

Raúl Alcaina
F.S.: "Fixo uns partidos e uns números bastante importantes. É certo que non tivo esa continuidade de xogar de inicio, que lle deu mellores sensacións. Virá en pretemporada como o resto dos seus compañeiros e ao longo dela seguramente tomaremos decisións non sobre el, senón sobre outras moitas de planificación".