RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Mella pide ter calma, ter cabeza e Davo ve ao vestiario cos pés na terra

David Mella e Davo pasáronse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

O canteirán apunta que "eles viñeron coas ideas claras de como xogar. Foi un partido moi igualado. O resultado non ten nada que ver co partido. Pómonos líderes despois de tanto tempo, a primeira vez en toda a temporada pero hai que ter calma e ter cabeza porque aínda queda moita temporada".

Nesta liña sostén que "dependemos de nós pero queda moito e temos que seguir traballando como todas as semanas".

Despois de estar á marxe do grupo durante boa parte da semana a consecuencia dunha contusión nun xeonllo, explica que "estiven a traballar con fisios e médicos polo golpe. Fixemos o que tiñamos que facer e cheguei bastante ben ao partido".

O seu gol esta tarde en ABANCA-RIAZOR lembroulle "ao da ida. Un pase de Lucas e creo que foi parecido. Tiña pase a compañeiros pero vin que mo taparon e tiven que acabar eu".

Pola súa banda, Davo, autor do terceiro tanto branquiazul, asegura que o vestiario "está tranquilo. Estamos nunha liña moi positiva. Todo o que sexa gañar é moi importante para nós. A sensación que temos é moi boa pero temos os pés na terra, cremos que é o camiño a seguir e que isto é o que temos que facer".

O atacante deportivista lembra que "o CD Lugo é un gran equipo, intenso. Sabiamos que ían vir con todo. Nós temos un equipo moi bo, sabemos manexar todas as situacións do xogo e agora estamos con confianza e con ganas de seguir facendo as cousas ben".

Finalmente, do seu gol confesa que foi "un momento especial. Tamén ter a Lucas Pérez é unha bendición. É un gol moi especial para min polo que supón após a expulsión; e volver estar en ABANCA-RIAZOR con #ANOSAFORZA, tal e como se envorcou connosco, foi moi especial".