RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

'Michi' Apóstol e Lucía Martínez estréanse co Dépor ABANCA para o amigable de mañá ante o Athletic Club

O Dépor ABANCA, líder de Primera Federación Iberdrola con 6 puntos de vantaxe xa sobre o RCD Espanyol, non quere perder ritmo competitivo nestas dúas semanas sen liga.

Así, As Nosas disputarán un amigable ante o Athletic Club de Liga F mañá xoves 22 de febreiro ás 16:30 na localidade leonesa de Astorga.

A entrada será gratuíta para os afeccionados que desexen asistir o campo municipal astorgano da Eragudina.

Estréanse na citación a internacional venezolana 'Michi' Apóstol, que xa xogou e marcou 4 goles co filial en Terceira Federación FutFem; e Lucía Martínez, xa recuperada da súa lesión que lle impediu estar a disposición de Irene Ferreras desde a súa chegada a Abegondo no último mercado de inverno.

Completan a convocatoria: Yohana, Samara, Clara, Henar, Inés Altamira, Eva Dios, Carlota, ADT, Millene, Lía, Lucía, Ainhoa Marín, Laurina, Raquel, Marta Charle, Sara Debén e Cris.

Ademais viaxarán tamén a Astorga a canteirás Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Paula Novo, que volve a unha lista do primeiro equipo por primeira vez desde a súa lesión de xeonllo.

Pola súa banda, o Athletic Club, que chega a este test após derrotar o pasado sábado 17 de febreiro ao Real Betis Balompié (1-0) no campo 2 de Lezama, é 8º na táboa con 26 puntos.

O encontro será especial para a ex deportivista Peke, xogadora que marcou unha época na Coruña coincidindo co ascenso á máxima categoría do conxunto branquiazul.

Nerea Nevado, Elexpuru, Maite Zubieta, Arana, Sara Ortega, Jone Amezaga, Nanclares e Pinedo pérdense o choque debido aos compromisos internacionais.

Finalizado este amigable, As Nosas comezarán unhas mini vacacións, posto que haberá descanso venres, sábado e domingo para o cadro.