RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
TERESA HERRERA

O CD Leganés, primeiro finalista da LXXIX edición do Trofeo Teresa Herrera

O CD Leganés é o primeiro finalista da LXXIX edición do Trofeo Teresa Herrera ao derrotar (2-1) ao Real Oviedo na primeira semifinal.

O conxunto madrileño adiantouse no marcador aos 2 minutos de xogo grazas a un gol de Darko Brasanac.

Logrou empatar o equipo asturiano no minuto 34 cun tanto de Alemao.

Após o paso dos vestiarios, Miguel deu o triunfo ao CD Leganés co seu gol no minuto 79 ao que o Real Oviedo non logrou reaccionar.

Así pois o conxunto madrileño medirase na gran final ao vencedor do partido entre o RC Deportivo e o Unionistas de Salamanca CF.