RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O Consello do RC Deportivo nomeará Presidente a Juan Carlos Escotet Rodríguez e incorporará a Massimo Benassi, Marta Fernández Currás e Benito Couceiro

O Consello de Administración do RC Deportivo proporá a Juan Carlos Escotet Rodríguez como Presidente do Club, e incorporará a Massimo Benassi, Marta Fernández Currás e Benito Couceiro como novos Conselleiros, unha vez finalice a execución da ampliación de capital en curso que foi aprobada na Xunta Extraordinaria do pasado 26 de xuño.

O acordo do Consello de Administración para cubrir as vacantes de Álvaro García Diéguez e Alex Bergantiños polo procedemento de cooptación se levará a cabo a finais de agosto.

Posteriormente, o órgano reitor do Club elevará á Xunta Xeral de Accionistas, a celebrar o próximo mes de decembro, a proposta de ratificación dos Conselleiros designados.

De tal modo que o Consello de Administración do RC Deportivo, tralos trámites oportunos, estará composto por Juan Carlos Escotet Rodríguez, que será o Presidente do Club; Michelle Clemente, que ocupará a Vicepresidencia; Massimo Benassi, que entrará como Conselleiro Delegado, e os Conselleiros Marta Fernández Currás, Benito Couceiro, Carlos Ballesta e Vicente Fernández.

O novo Consello de Administración, presidido por Juan Carlos Escotet Rodríguez, conxuga profesionais do mundo do deportivismo e do deporte, como a Vicepresidenta e ex futbolista do Dépor ABANCA, Michelle Clemente; o ex futbolista e técnico do Dépor Carlos Ballesta, e o adestrador e preparador físico Vicente Fernández, con expertos en postos de liderado e alta xestión, como Massimo Benassi, Marta Fernández Currás e Benito Couceiro.

A vicepresidencia de Michelle Escotet é unha clara mostra da aposta do RC Deportivo polo fútbol feminino. A entrada de Benito Couceiro e Marta Fernández Currás significa a incorporación de dous profesionais que reforzarán a xestión financeira e as relacións institucionais do Club.

O nomeamento de Massimo Benassi como Conselleiro Delegado reforzará a súa posición como principal executivo da entidade, en tanto que a continuidade do Conselleiro Carlos Ballesta supón a permanencia dun histórico representante do deportivismo.

Juan Carlos Escotet Rodríguez é economista. Preside ABANCA e é fundador e presidente de Banesco Internacional. Massimo Benassi é licenciado en dereito con especialización en dereito deportivo. Na actualidade é Director Xeral do RC Deportivo.

Marta Fernández Currás é licenciada en empresariais e inspectora de facenda. Ex conselleira de Facenda da Xunta. Na actualidade é conselleira independente de Ecoener. Benito Couceiro Naveira é doutor en dereito e profesor universitario. É director das áreas de Operacións de Capital Humano e Socios de Negocio de Servizos Centrais de ABANCA e responsable de Relacións Laborais.