RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA activa mañá a conta atrás para a visita ao Deportivo Alavés

O Dépor ABANCA, hoxe luns con xornada de descanso, activa mañá a conta atrás para a súa próxima cita en Primera Federación Iberdrola, o sábado 17 de febreiro ás 13:00 ante o Deportivo Alavés na Cidade Deportiva José Luis Compañón en Ibaia.

O triunfo en Abegondo ante o DUX Logroño (2-0) deixou ás Nosas á fronte da táboa con 41 puntos, por diante do RCD Espanyol e FC Barcelona B, que ademais non pode ascender pola súa condición de filial, igualados con 38 puntos.

Irene Ferreras dispuxo de 4 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva con ximnasio previo antes de saltar ao céspede cada día.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 13 de febreiro
10:00 h.

Mércores 14 de febreiro
10:00 h.

Xoves 15 de febreiro
10:00 h.

Venres 16 de febreiro
10:00 h.

Sábado 17 de febreiro
13:00: Deportivo Alavés - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva José Luis Compañón (Ibaia)