RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B arrinca a segunda volta da liga con derrota en Santiago ante o Victoria FC

O Deportivo ABANCA B arrincou a segunda volta da liga en Tercera Federación FutFem con derrota (1-0) en Santiago ante o Victoria FC.

Óscar Orro puido contar para o partido con 2 das 3 canteirás que viaxaron o sábado co primeiro equipo a Madrid: Carmen Carballada e Paula Monteagudo. A terceira, Lucía Rivas, xogou a última media hora ante o Atlético de Madrid B e, por conseguinte, non estivo dispoñible para o filial.

As branquiazuis non estiveron ao seu mellor nivel en Santa Isabel e pagaron caro as súas faltas de concentración.

Con este resultado, o equipo deportivista é 3º na táboa con 32 puntos.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Noelia Mayo, María Calvo, Antía Brage, Laura Santos, Carmen Carballada, Paula Novo, Laura Otero, Paula Monteagudo, Laura Testa e Noela. Tamén xogaron: Macarena González, Elena López 'Cusi', Uxía López, Celia Sousa e Sara Cercido.

O vindeiro domingo, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao Umia CF, aínda que antes, Emma Gandoy, Laura Santos, Noelia Mayo, Ana Capelo, Lucía Rivas, Macarena González e Sara Cercido participarán coa selección galega sub-17 nun adestramento este mércores 24 de xaneiro no campo da Braña, en Rois.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)
Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0
Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo)
Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2
Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi')
Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1
Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2
Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela -2-) - UD Mos 1
UD Llanera 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0