O Dépor arrinca este mércores unha pretemporada na que o equipo regresará ao estranxeiro
Completadas este luns e martes as probas físicas e médicas entre Abegondo e o Hospital Quironsalud A Coruña, o Dépor arrinca a pretemporada este mércores cun adestramento xa sobre o céspede a partir das 10:30.
Imanol Idiakez dispuxo até o sábado 13 de xullo incluído un total de 4 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva, con almorzo xa na instalación a partir das 8:30 e comida obrigatoria mércores, xoves e venres.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Mércores 10 de xullo 10:30 h.
Xoves 11 de xullo 10:30 h.
Venres 12 de xullo 10:30 h.
Sábado 13 de xullo 10:30 h.
Domingo 14 de xullo Descanso
A novidade esta pretemporada para Os Nosos será o regreso ao estranxeiro, concretamente a Portugal, país no que o conxunto branquiazul xogará 3 partidos amigables.
O calendario xa confirmado deste verán é o seguinte:
Martes 23 de xullo 20:00: Ourense CF - Deportivo, no Couto
Martes 30 de xullo 19:30 (hora local, 20:30 hora galega): FC Famalicão - Deportivo, no Estádio Municipal Vila Nova de Famalicão
Mércores 31 de xullo 19:30 (hora local, 20:30 hora galega): Gil Vicente - Deportivo, no Estádio Cidade de Barcelos
Sábado 3 de agosto 19:00 (hora local, 20:00 hora galega): GD Chaves - Deportivo, no Estadio Municipal de Chaves
Venres 9 de agosto 20:30: Semifinal do LXXIX Trofeo Teresa Herrera, en ABANCA-RIAZOR
Sábado 10 de agosto Terceiro e cuarto posto (16:00) ou gran final (21:00 horas) do LXXIX Trofeo Teresa Herrera, en ABANCA-RIAZOR