O Dépor disputará o seu terceiro partido en 8 días mañá domingo 27 de outubro ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR ante o Real Racing Club.
A derrota (2-1) do pasado xoves no Ciutat de València deixou a Os Nosos en 19ª posición con 10 puntos.
Son baixa por lesión Jaime, Mfulu e Jose Ángeo; e recupera a Gauto. "Traballou onte e hoxe co equipo. É unha boa noticia", apunta o adestrador depotivista respecto ao arxentino.
Preguntado por Jose Ángel, explica sobre a pubalxia que sofre que "non se expón quirófano. Temos a esperanza de que en 3 semanas poida volver pero vai depender da súa evolución porque é unha lesión desas complicadas, cunha evolución un pouco incerta".
Opina que "é unha faena que perdésemos á vez a José Ángel, Mfulu e Jaime pero isto é o que ten unha temporada. Non nos queixamos desexando que se recuperen canto antes e oxalá Jose Ángel se recupere canto antes".
Os branquiazuis realizaron esta tarde en ABANCA-RIAZOR a última sesión previa ao encontro, cunha activación con rondos e un repaso ao plan de partido.
Confesou Idiakez que está "a medir un pouco o cansazo do partido do outro día porque temos un partido de máxima esixencia a todos os niveis, e necesitamos un bo once e uns bos cambios. Ademais eles veñen cun pouquiño de vantaxe nese aspecto (xogaron o mércores no seu campo polo xoves fose o Dépor) e temos que igualala tomando as mellores decisións".
Pola súa banda, o Real Racing Club, que entre semana noqueou en El Sardinero (2-0) ao Córdoba CF, é o líder destacado da categoría con 26 puntos.
"Temos o reto e a ilusión de gañar ao líder, un equipo que está a facer un inicio de temporada espectacular", apuntou o adestrador deportivista, que ve ao Racing "un bo espello onde mirarnos todos. Gústame moito como o está facendo a todos os niveis".
Insiste en que o encontro é "un reto en #ANOSACASA, con #ANOSAFORZA que só pode facernos ilusión".
Lonxe de Santander os racinguistas, que encadean 4 vitorias consecutivas, gañaron todos os seus partidos no que vai de liga: Oviedo (1-3), Tenerife (0-1), CD Castellón (0-1), Zaragoza (2-3) e Cádiz (0-1).
O equipo cántabro acaba de sufrir a grave lesión da seu capitá Íñigo Sainz-Maza no que o seu técnico, José Alberto, define como "un mazazo para todos". Desde ABANCA-RIAZOR, Imanol Idiakez mándalle "os nosos mellores desexos. Tiven esa lesión e sei o duro que é pero seguro que se vai a levantar e volver ser o gran futbolista que é. Ás veces ese tipo de cousas serve para unir o vestiario. Seguro que lle quererán dedicar unha vitoria", conclúe.
Subliña que "imos primeiros porque todo o mundo está a apertar moitísimo" e confesa que "nos fai especial ilusión visitar ABANCA-RIAZOR, no meu caso vai facer a primeira vez. Tan só tiven a ocasión de enfrontarme unha vez ao Dépor como xogador co Sporting. Todos sabedes o pasado de Pablo Álvarez (segundo adestrador) e estivo moi feliz nese club, nesa cidade. Por iso fainos especial ilusión visitar un gran estadio como ABANCA-RIAZOR".
Finalizado o encontro, Os Nosos adestraranse de novo o luns 28 de outubro ás 11:00 en Abegondo.