RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor, con Yeremay e Jaime, retoma a liga mañá domingo ante o Sestao River nun partido con sabor a outra época

O Dépor volve á liga mañá domingo 10 de decembro ás 16:00 en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV) ante o Sestao River en partido correspondente á 16ª xornada no subgrupo 1º de Primera Federación.

O partido ten un aroma a finais do oitenta e prinpicios do noventa, cando ambos os equipos, Deportivo e por aquel entón Sestao Sport Club, víanse as caras en Segunda División e mesmo houbo futbolistas sestaotarras que acabaron na Coruña, por exemplo Jon Azpiazu.

Imanol Idiakez confesou na sala de prensa que "o primeiro ano que adestrei á Real Sociedad B tocábame coller ao rival que deixaba o Sestao. Cada dúas semanas case ía ás Llanas. Vin moitos partidos nas Llanas. Naquela época (de finais do oitenta) era Primi o capitán, Albístegui... Eu adestrei logo ao seu sobriño".

Os branquiazuis encaran o partido após o esforzo copeiro sen premio do pasado mércores ante o CD Tenerife, con prórroga incluída; e do extenuante choque ligueiro do domingo no Estadi Johan Cruyff ante o FC Barcelona Atlètic, con remontada no último suspiro.

Con todo iso, Os Nosos están situados en 10ª posición da táboa con 22 puntos.

Pérdense o partido por lesión Ximo Navarro, Pablo Muñoz, Barbero e Retuerta; ademais de Pablo Martínez, sancionado cun partido ao ver en Barcelona a súa quinta amarela.

Despois da última sesión desta mañá en Abegondo, cunha activacion, rondos e plan de partido, chegaron a tempo Jaime e Yeremay, que estiveron á marxe do grupo onte venres a consecuencia dunhas molestias musculares.

Martín Ochoa, Mella, Rubén, Kevin, Marc Lachèvre e Marotías, citados tamén na Copa, serán os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Sobre os canteiráns e o seu papel no primeiro equipo, Imanol Idiakez asegura que "nós non distinguimos. Aquí dentro para nós son todos xogadores do Dépor. Dentro temos un grupo unido. Os rapaces do Fabril están desde pretemporada sendo un máis na dinámica diaria do equipo. A ninguén lle sorprende que poida xogar un ou outro. Son parte do adestramento, do día a día. Igual que eu os vexo adestrar e decido poñelos, os compañeiros tamén os ven. Aínda que cometeremos erros cando os pomos entendemos que teñen o nivel e estano demostrando no adestramento".

Pola súa banda, o Sestao River, que a pasada fin de semana perdeu co CD Lugo (0-1), preséntase en ABANCA-RIAZOR despois de caer en Copa del Rey nas Llanas ante o RC Celta o xoves (1-2).

Os verdinegros marchan na liga en 18ª posición con 11 puntos, con tan só 2 partidos gañados no que vai de temporada.

No entanto, os seus dúas últimas saídas foron positivas, con empate en Tarragona (0-0) e triunfo en Majadajonda (0-2): "Vén no seu mellor momento", advertiu o preparador deportivista. "O día do CF Rayo Majadahonda fan un partido espectacular ao contraataque. Marcan dous goles e teñen dous man a man clarísimos co porteiro para gañar máis claramente aínda", engadiu Imanol Idiakez.

Ademais esta temporada empatou (0-0) co Unionistas de Salamanca CF; e caeu coa SD Logroñés (3-0), CE Sabadell FC (3-0), CD Arenteiro (1-0), SD Tarazona (3-0); e gañou ao CF Rayo Majadahonda (0-2).

Finalizado o encontro, Os Nosos adéstranse de novo o luns 11 ás 11:00 en Abegondo.