RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

O Dépor Genuine asistiu a unhas sesións de formación na Escola Superior de Hostalaría de Galicia

TURISLAB, a primeira aceleradora de turismo de Galicia (dependente da Xunta de Galicia), convidou a unha das sesións de formación de novos emprendedores ao Dépor Genuine o pasado sábado 1 de xuño.

O obxectivo destas sesións, celebradas na Escola Superior de Hostalaría de Galicia, en Santiago de Compostela, foi coñecer de primeira man o impacto social do proxecto do Dépor Genuine, transmitir os valores do Club en materia de diversidade funcional e ofrecer unha práctica deportiva inclusiva aos alumnos que forman a cuarta promoción de TURISLAB.

Varios xogadores do Dépor Genuine expuxeron o proxecto do equipo e emprendedores presentaron os seus. Tamén levaron a cabo entrevistas entre os empresarios e os xogadores do Dépor Genuine.

Posteriormente, despois dunha visita ás instalacións da escola, disputouse un partido de fútbol sala inclusivo coa participación dos xogadores do Dépor Genuine e os empresarios. A xornada finalizou cun xantar na cafetaría da Escola Superior de Hostalaría de Galicia.