RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Fabril arrinca a liga en Segunda Federación ante o Real Ávila CF en Abegondo

O Fabril iniciará a liga no grupo 1º de Segunda Federación fronte ao Real Ávila CF en Abegondo, o sábado 31 de setembro ou o domingo 1 de outubro.

A semana seguinte, o filial deportivista visitará ao Real Valladolid Promesas.

A temporada finalizará para o equipo de Óscar Gilsanz o 4 de maio de 2025, tamén na Cidade Deportiva, ante a RS Gimnástica de Torrelavega.

O primeiro derbi chegará pronto, concretamente o 14 ou 15 de setembro (3ª xornada) en Abegondo ante a SD Compostela, ao que seguirá a fin de semana seguinte a visita ao Pontevedra CF en Pasarón o 21 ou 22 de setembro (4ª xornada).

Os choques ante o Bergantiños CF terán lugar o 24 de novembro nas Eiroas (13ª xornada) e o 6 de abril de 2025 na Cidade Deportiva (30ª xornada).

Compoñen este grupo 1º de Segunda Federación, ademais do Fabril, os seguintes equipos: Bergantiños CF, CD Guijuelo, CD Laredo, CD Numancia, Marino de Luanco, Coruxo FC, Pontevedra CF, Rayo Cantabria, Real Ávila CF, Real Avilés Industrial, Real Valladolid Promesas, RS Gimnástica de Torrelavega, Salamanca CF UDS, SD Compostela, UD Llanera, UM Escobedo e UP Langreo.

Descárgache aquí o calendario completo da categoría