A empresa láctea Feiraco -integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, a maior cooperativa leiteira de Galicia, con sede no concello coruñés de Ames- e o RC Deportivo da Coruña únense para conmemorar o 117 aniversario do Club cun lanzamento moi reclamado polo deportivismo. Ambas entidades sacan á venda una edición limitada da primeira camiseta verde que luciu o equipo herculino, presente no imaxinario colectivo pola súa vinculación a algunas temporadas históricas como a da conquista da Liga de Primeira División 1999-2000.
Hai unhas semanas Feiraco poñía en marcha a campaña “Todo se decide no campo”, na que a épica do fútbol se traslada ao mundo gandeiro, coa lendaria camiseta como protagonista. A raíz desta iniciativa, xorde a colaboración co Deportivo para traer de volta unha nova edición da histórica elástica do Súper Dépor, especialmente solicitada ademais polo público trala aparición do actor galego Martiño Rivas no programa “El Hormiguero” de Antena 3 TV.
Baixo o lema “Escoitamos a afección, escoitamos o campo”, o Deportivo e Feiraco presentan una camiseta coa que respostan á alta demanda e interese trasladado polos seguidores branquiazuis e tamén polo sector gandeiro. A réplica, de novo co escudo oficial deportivista, reproduce todos os detalles da prenda que fora utilizada desde o ano 1997 ao 2000.
A Réplica Away 97/00 vai acompañada dun packaging especial coa marca Heritage, baixo a que o Club englobará as reedicións de prendas que teñen un simbolismo destacado para a afección deportivista. Nese empaquetado constan tamén os 19 partidos e resultados obtidos vestindo esa camiseta, así como unha pequena historia da mesma.
O RC Deportivo recibiu esta semana en Abanca-Riazor a unha representación de Feiraco, encabezada polo seu presidente, José Ángel Blanco; e o seu director xeral, Juan Gallástegui. Realizaron unha visita ao estadio do Club herculino e tiveron a oportunidade de ver de novo algunhas das camisetas xa históricas da etapa na que a empresa láctea foi patrocinadora do equipo.
Como conseguir a histórica camiseta
A camiseta actualmente está esgotada e non hai existencias dispoñibles para a súa compra a través da web deportienda.es nin de forma física nas propias DéporTiendas.
El próximo sábado 16 de decembro, a partir das 10:00 horas e ata as 14;00 horas, Feiraco estará no Alcampo de Lugar Palavea nº 1 da Coruña cunha dinámica para facilitar o acceso a esta camiseta. As persoas interesadas en facerse cunha destas elásticas deberán mercar dúas caixas de leite Feiraco nese supermercado e ensinar o tícket de compra ás azafatas presentes no establecemento. Isto permitiralles participar na ruleta de Feiraco que atoparán no exterior do supermercado. Cunha tirada terán a oportunidade de gañar moitos premios, entre eles a demandada camiseta do Deportivo.. E no mes de xaneiro haberá novas citas noutros supermercados: da cidade. Ademais, a camiseta estará proximamente á venda na tenda online que está a piques de abrir Feiraco e cuxo lanzamento se anunciará a través das súas redes sociais.