RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Oriana Altuve, unha fichaxe de relumbrón para o Dépor ABANCA

Oriana Yoselyn Altuve Mancilla (Caracas, Venezuela, 3 de outubro de 1992), coñecida como Oriana Altuve e por ser unha das referencias do fútbol feminino en América, é xa xogadora do Dépor ABANCA para esta temporada 2024-25.

A dianteira venezolana procede do Ao Shabab de Riad (Arabia Saudita) onde anotou 22 goles a campaña pasada.

En España, sempre na máxima categoría, pasou pola Valencia CF (temporadas 2021-22 e 2022-23), Real Betis (2020-21) e Rayo Vallecano (2018-19 e 2019-20), no que se converteu na primeira futbolista venezolana en xogar na liga F.

O seu debut no fútbol profesional foi no Caracas FC; e antes de dar o salto a Europa militou no Colón FC uruguaio (2016) e Santa Fe colombiano (2017 e 2018).

Internacional venezolana, Oriana Altuve foi máxima goleadora da Copa Libertadores nas edicións de 2016 e 2017; ademais de ser nomeada mellor xogadora estranxeira en España polo diario Marca na temporada 2019-20.

Oriana Altuve convértese no terceiro reforzo das Nosas após o de Vera Martínez e Marina Artero; ademais das renovacións xa confirmadas de Carlota, Lucía Martínez, ADT, Henar, Eva Dios, Millene Cabral, Raquel García, Yohana, Samara e Cris Martínez.