Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes abren mañá desde as 14:00 horas para a xornada final do Trofeo Teresa Herrera
Mañá sábado 10 de agosto, gran xornada final do Trofeo Teresa Herrera, o horario dos despachos de billetes do Palacio dos Deportes será desde as 14.00 até as 22.00 de forma ininterrompida.
As persoas socias deberán retirar a súa invitación correspondente á súa bancada de abonado, que non ten por que coincidir co seu asento do resto da temporada.
Para iso debe acceder a https://bancada.rcdeportivo.es/ co seu ID de socio e o seu pin, que está formada polos 4 últimos díxitos do seu DNI. A partir de aí seleccionar asento e retirar a súa entrada gratuíta.
Ademais, no transcurso do torneo, no momento no que o afeccionado salga de ABANCA-RIAZOR xa non poderá volver entrar ao estadio.
Tamén están dispoñibles en https://bancada.rcdeportivo.es/ as entradas de público. Os prezos oscilan entre os 20 euros de Tribuna e Preferencia; e os 15 euros de Marathón Superior, Pavillon Superior e Pavillón Inferior.
A bancada de Marathón Inferior non sairá á venda online. Os abonados desa bancada que non retirasen a súa invitación poderán retiralo presencialmente no Palacio dos Deportes.
Unicamente poderán comprar entradas de Marathón Inferior presencialmente no Palacio dos Deportes os abonados desa bancada presentando DNI ou abono dixital.
Tamén están dispoñibles asentos na Tribuna Inferior VIP.