RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Os Nosos pasan a noite en Alacante e regresan mañá luns directos a adestrar a ABANCA-RIAZOR

Concluído o encontro no Estadio Martínez Valero de Elche, Os Nosos pasan a noite no Hotel NH Alacante.

Mañá luns 14 de outubro, a expedición deportivista regresará a Galicia directamente a ABANCA-RIAZOR para realizar unha sesión de traballo que ten previsto arrincar ás 17:30.

A próxima cita en LaLiga Hypermotion será o sábado 19 de outubro ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion) ante o CD Eldense.