Óscar Gilsanz: "Temos moita marxe de mellora, pero estamos moi satisfeitos co traballo"
Óscar Gilsanz compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo como previa do seu encontro fronte ao Rayo Cantabria previsto para mañá sábado 26 de outubro ás 12:00 en Astillero. Após a súa recente vitoria fronte ao Escobedo, o míster do Fabril asegura que "a semana foi máis fácil de levar" e engade que "sempre é bo gañar para coller confianza".
O técnico fabrilista confirma que expuxo o partido "en base ás calidades dos nosos xogadores e dos seus", máis aló de que sexa outro filial. Afirma que "a utilización da posesión e tratar de que o rival non estea cómodo con balón" poden ser factores craves para obter a vitoria.
Conclúe a súa comparecencia pública encomiando a progresión do equipo tanto en conxunto como a nivel individual, asegurando que "temos moita marxe de mellora, pero estamos moi satisfeitos co traballo".