Ximo Navarro foi sometido a probas médicas no Hospital Quirónsalud A Coruña para ditaminar o alcance exacto das molestias que lle obrigaron a pedir o cambio no descanso do partido en Cartagonova.
Os Servizos Médicos confirmaron unha lesión muscular no aductor da súa perna esquerda.
O lateral deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, Ximo Navarro iniciará a continuación á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.