RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Primeira toma de contacto do Dépor en Abegondo con probas médicas e físicas

O Deportivo quenta motores de cara ao inminente inicio da pretemporada este mércores 10 de xullo a partir das 10:30 horas en Abegondo.

Así, divididos en dous grupos, o cadro pasou este luns probas médicas e foi sometida a valoracións físicas na Cidade Deportiva.

Nada máis chegar, os futbolistas branquiazuis pasaron pola zona médica para a rutineira analítica, habitual en cada inicio de temporada.

Despois do almorzo no comedor da Cidade Deportiva, tocou someterse a valoracións físicas no ximnasio. Este martes continuarán os exames aos xogadores.

Os futbolistas citados son os seguintes: Eric Puerto, Germán, Alberto, Diego Gómez, Rubén, Nájera, Kevin Sánchez, Martín Ochoa, Pablo Muñoz, Iano Simao, Dani Barcia, Berto Cayarga, Davo, Pablo Vázquez, Jaime, Pablo Martínez, Ximo, Lucas, Villares, Mario Soriano, Hugo Rama, Yeremay, Barbero, Jose Ángel e Alcaina.

David Mella atópase concentrado coa selección española sub-19 preparando a Fase Final do Campionato de Europa da categoría.