RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Primeiro día de traballo do Dépor 2024-25

O Dépor 2024-25 botou a andar esta mañá en Abegondo unha vez superadas luns e martes as probas médicas e físicas entre Abegondo e o Hospital Quirónsalud A Coruña.

Así, ás 10:30 os futbolistas saltaron ao céspede para arrincar unha pretemporada na que o equipo regresará ao estranxeiro, con 3 partidos en Portugal a finais de mes.

Imanol Idiakez dispuxo esta primeira mañá unha activación con rondos, unha roda de pases e un exercicio de posición. Jose Ángel e Raúl Alcaina están con adestramento personalizado supervisado polos readapadores do primeiro cadro.

Traballaron hoxe co primeiro equipo os canteiráns Alberto Sánchez, Hugo Ríos, Álfaro, Rubén López, Nájera, Diego Gómez, Pablo García, Pablo Parada, Kevin Sánchez e Adrián Guerrero.

Mañá xoves o Dépor adestrarase de novo na Cidade Deportiva a partir das 10:30 horas, con almorzo previo a partir das 8:30 e comida obrigatoria posterior na instalación branquiazul.