RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Semana curta, sen liga pero con amigable de altura para o Dépor ABANCA

As Nosas arrincaron hoxe martes unha semana curta de traballo posto que non hai competición en Primera Federación Iberdrola.

Os resultados da última xornada, co triunfo en Ibaia ante o Deportivo Alavés (0-2), deixou ao Dépor ABANCA líder con 44 puntos, con 5 puntos de vantaxe sobre o FC Barcelona B (2º con 39) e que ademais non pode subir de categoría pola súa condición de filial; e de 6 puntos sobre o RCD Espanyol (3º con 38 puntos).

Non hai liga pero si un amigable de altura posto que o equipo deportivista enfróntase ao Athletic Club de Liga F este xoves 22 de febreiro ás 16:30 na localidade leonesa de Astorga.

A entrada será gratuíta para os afeccionados que desexen asistir o campo municipal astorgano da Eragudina.

A maiores, Irene Ferreras dispuxo esta semana de 2 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 20 de febreiro
10:00 

Mércores 21 de febreiro
10:00 h.

Xoves 22 de febreiro
16:30: Deportivo ABANCA - Athletic Club no campo da Eragudina (Astorga)

Venres 23 de febreiro
Descanso

Sábado 24 de febreiro
Descanso

Domingo 25 de febreiro
Descanso