Última semana de competición para o Dépor, na que hai que facer un esforzo co dobre duelo contra o CD Castellón
O Dépor arrinca mañá luns a última semana de competición desta temporada, co dobre duelo ante o CD Castellón (en ABANCA-RIAZOR este mércores 29 e en Castalia o domingo 2 de xuño) correspondente á Final de Campións.
Os Nosos acabaron a liga no grupo 1º de Primera Federación como campións, desde hai varias semanas, con 78 puntos por 70 do Nástic e FC Barcelona Atlètic. Os branquiazuis, que completaron a segunda volta sen unha soa derrota (15 vitorias e 4 empates), gañaron en total 22 partidos, empataron 12 e perderon 4. O balance goleador é claramente favorable: 64 goles a favor por 27 en contra.
Onte en rolda de prensa en ABANCA-RIAZOR, Imanol Idiakez asegura que "hai que facer un esforzo. Todos temos ganas de irnos a casa, todos temos ganas de descansar para ilusionarnos coa temporada que vén pero quedan 2 partidos, unha eliminatoria polo título de Primera RFEF e que ninguén dubide que a imos a expor coa mesma seriedade".
Lembra que son "2 partidos en 4 días, mércores e domingo, celebración hoxe (por onte), outra mañá (por hoxe en María Pita). Estou seguro que imos ser capaces de facer unha boa eliminatoria contra o CD Castellón e imos pelexar por gañar ese título".
Ao longo da semana haberá dúas sesións de traballo en Abegondo e outras dúas en ABANCA-RIAZOR.
O sábado 1 de xuño o Dépor adianta a súa hora de adestro ás 9:30 en lugar da as 11:00 porque nada máis concluír, o equipo partirá de viaxe a Castellón, vía Valencia.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 27 de maio 11:00 h., Abegondo
Martes 28 de maio 11:00 h., ABANCA-RIAZOR
Mércores 29 de maio 21:00: Deportivo - CD Castellón, en ABANCA-RIAZOR
Xoves 30 de maio Descanso
Venres 31 de maio 11:00 h., Abegondo
Sábado 1 de xuño 9:30 h., ABANCA-RIAZOR
Domingo 2 de xuño 21:00: CD Castellón - Deportivo, en Castalia