RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Últimas prazas para a Escola RC Deportivo que arrinca o próximo 1 de outubro, con espectacular acollida este ano en Sada e Zas

Últimas prazas dispoñibles para o novo curso, o sétimo, da Escola RC Deportivo que arrinca o vindeiro martes 1 de outubro.

As novas altas ou antigos alumnos que desexen repetir nesta actividade da Fundación RC Deportivo dirixida a todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos poden formalizar a súa inscrición en http://escola.rcdeportivo.es.

Este ano a novidade son as novas sedes de Sada e Zas, que rexistraron unha espectacular acollida de alumnos.

En Sada haberá catro quendas: mércores ás 16:15 e 17:15; e venres ás 16:15 e 17:15.

E en Zas están previstos 5 quendas: Luns ás 16:30, 17:30 e 18:30; e mércores ás 17:00 e ás 18:00 horas.

A sede de Alvedro amplía de 7 a 9 quendas: luns ás 16:30, 17:30 e 18:30; mércores ás 16:30, 17:30 e 18:30; e venres ás 17:30, 18:30 e 19:30. En caso de ter interese en participar nesta sede é recomendable non demorar a inscrición.

Ademais destas sedes e da de Outes, na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias na Torre continuará a súa actividade a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional, destinada a todas as persoas con diversidade funcional entre 16 e 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo. Haberá dúas quendas os mércores: ás 16:00 e ás 17:00.

Este ano, a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional pon en marcha unha nova quenda os martes de 16:00 a 18:00 horas para alumnos e alumnas de 8 a 14 anos.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.

As Escolas RC Deportivo Colexio Jesuitinas e Colexio Internacional Eirís están destinadas a todos os alumnos/as de cada centro que desexen participar e para iso poderán realizar unha preinscrición no propio colexio. Calquera centro que desexe participar ou queira crear unha Escola RC Deportivo dentro do seu programa de actividades pode contactar coa Dirección en escola@rcdeportivo.es.

Os participantes na pasada edición da Escola RC Deportivo que dispoñan do equipamento oficial Kappa e que poidan acudir con ela non é necesario que abonen de novo a matrícula e ademais disporán de tarifa con desconto.

Haberá novas actividades, xornadas en Abegondo e sorteos de agasallos. Para unha adecuada atención a todos os participantes as prazas son limitadas. 

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.