Yeremay Hernández Cubas (Las Palmas de Gran Canaria, 10 de decembro de 2002) asinou a prolongación do seu contrato co RC Deportivo até xuño de 2030, nunha mostra máis da decidido aposta do Club por #ANOSACANTEIRA.
O extremo canario chegou ao RC Deportivo no verán de 2017 procedente do Real Madrid CF para incorporarse ao Cadete A branquiazul. Yeremay tiña asinado un compromiso até 2026, cun ano máis automático en caso de ascenso a Segunda esta temporada ou a próxima.
O '10' branquiazul cumpre a súa sétima temporada como branquiazul. No seu primeiro curso, logrou o subcampeonato de División de Honra Cadete, anotando 16 dianas. Na temporada 2018-19, asinou 10 goles co Xuvenil B, que alcanzou a cuarta praza na liga Nacional. O seu salto ao Xuvenil A produciuse na campaña 2019-20, colaborando con 7 tantos a que o equipo alcanzase a terceira posición na División de Honra.
A campaña 2020-21 foi a da súa gran explosión. Disputou 14 encontros, 7 como titular, co Xuvenil A que logrou o histórico segundo título nacional da historia do Club. A súa escasa participación debeuse a que Juan Carlos Valerón deulle a alternativa no Fabril. Yeremay xogou 17 partidos, 9 como titular, e marcou 3 goles co filial en Terceira División.
O gran salto adiante de Yeremay produciuse no exercicio 2021-22. Comezou o curso co Fabril, con 18 aparicións, 17 como titular, e 5 goles en Terceira División baixo as ordes de Óscar Gilsanz. Baixou un banzo para defender ao Dépor na súa histórica participación na UEFA Youth League (3 partidos e 1 gol) e subiu dous para efectuar o seu debut co primeiro equipo. Na súa estrea, uns días antes de cumprir 19 anos, o 1 de decembro de 2021 en Copa do Rei fronte ao UCAM Murcia, anotou un golazo para a posteridade.
Yeremay incorporouse definitivamente ao primeiro cadro deportivista ao comezo do pasado curso, que pechou con 24 aparicións, 5 de inicio, e 3 dianas. Na presente campaña, o extremo canario xa se converteu por dereito propio nun dos alicerces do equipo, con 22 encontros, 20 como titular, e 4 goles.
A renovación de Yeremay súmase ás asinadas nos últimos meses por Elena Vázquez (2024); Mella, Dani Barcia, Brais Suárez, Martín Ochoa, Lucía Rivas, Paula Novo, Marta Rico e Iano (2026); Nájera (2027); e Kevin, Rubén López e Diego Gómez (2028), nunha clara mostra da confianza do Club no bo traballo realizado na Cidade Deportiva de Abegondo.