RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

As Nosas teñen este luns probas médicas e físicas previas ao comezo da pretemporada

O Dépor ABANCA pasa este luns 22 de xullo a partir das 8:45 probas médicas e físicas en Abegondo, paso previo ao comezo da pretemporada.

As futbolistas citadas son os seguintes: Yohana, Samara, Henar, Paula Gutiérrez, Eva Dios, Carlota, ADT, Millene, Ainhoa, Raquel, Lucía Martínez, Cris, Inês Pereira, Olaya, Vera Martínez, Oriana e Patricia Hmírová; ademais das canteirás Paula Monteagudo, Paula Novo, Carmen Carballada, Lucía Rivas, Elena Vázquez, Redru, Martina e Antía Veiga.

Pancha Lara e Ayaka incorpóranse o mércores; mentres que Marina Artero está concentrada coa selección española sub-19 e Michi Apóstol, con Venezuela sub-20.

Finalmente Lía Muiño ten permiso mañá.

As Nosas terán o primeiro adestramento dirixido por Irene Ferreras o martes 23 na Cidade Deportiva.

O Club quere agradecer o traballo, a profesionalidade e dedicación de Inés Altamira, Clara Rodríguez, Marta Charle, Laurina, Lucía Alba e Sara Debén, á vez que lles desexa moita sorte no futuro.