RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Conta atrás para o regreso do Dépor ABANCA á competición, o sábado en Lezama

Despois dunha fin de semana de descanso debido ao parón ligueiro de seleccións, o Dépor ABANCA inicia hoxe martes a conta atrás para o regreso á competición en Primera Federación Iberdrola, este sábado 13 de abril ás 18:45 no campo 8 de Lezama ante o Athletic Club B, en choque correspondente á 24ª xornada (antepenúltima).

Con 9 puntos en xogo, As Nosas son segundas na táboa con 49 puntos, a 2 puntos do FC Barcelona B, líder con 51 pero que non pode ascender debido á súa condición de filial. Por detrás vén o RCD Espanyol, 3º con 45 puntos.

Irene Ferreras disporá para preparar este encontro ante o filial branquivermello de 4 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva desde hoxe martes, con ximnasio cada día antes de saltar ao céspede.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 9 de abril
10:00 h.

Mércores 10 de abril
10:00 h.

Xoves 11 de abril
10:00 h.

Venres 12 de abril
10:30 h.

Sábado 13 de abril
18:45: Athletic Club B - Deportivo ABANCA, en Lezama (campo 8)