RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Goleada de Michi Apóstol ao Slovan de Bratislava para pechar a concentración de Venezuela sub-20 en Austria

-Foto:@fvf.com.ve

 

Michi Apóstol (na foto co brazalete de capitán a primeira futbolista de pé empezando pola dereita) está concentrada desde o pasado 8 de xullo e até mañá martes 16 de xullo coa selección venezolana sub-20 en Austria.

O obxectivo é o de preparar na cidade de Wiener Neustadt a Copa Mundial Feminina Sub-20 da FIFA Colombia 2024, á que Venezuela se clasificou no pasado Campionato Suramericano do mes de abril e maio en Ecuador.

Durante este período a 'Vinotinto' disputou dous amigables. O segundo deles foi hoxe luns 15 de xullo ante o Slovan de Bratislava.

Michi Apóstol saíu de inicio nun encontro saldado con goleada (7-2) para as venezolanas. A deportivista estivo sobre o campo a primeira metade, que finalizou xa con 6-0.

O primeiro dos amigables, ante Marrocos, xogouse en 2 días. O venres 12, Michi Apóstol arrincou no once inicial e tamén co brazalete de capitán. Con todo, e con 0-1 no marcador, o encontro foi suspendido no minuto 47 debido a unha forte tormenta eléctrica.

O sábado 13, na continuación, as venezolanas conseguiron darlle a volta cun tanto da futbolista branquiazul no minuto 94.

Os resultados de Venezuela sub-20 foron os seguintes:

Venres 12 de xullo
VENEZUELA 2 - MARROCOS 1

Luns 15 de xullo
VENEZUELA 7 - SLOVAN BRATISLAVA 2