Imanol Idiakez manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que está "contento pola vitoria porque vivimos para iso e o ánimo vai por aí. Se facemos bo partido pero perdes un luns vale; pero o segundo medio vale; e o terceiro vale menos, xa te convences menos. Isto vai de gañar, de facer puntos. A Segunda División é a categoría máis igualada do fútbol europeo. Aquí hai xeiras para todo o mundo".
Chancea ao asegurar que "en cada partido hai 7 ataques ao corazón. Todo o mundo sobe, baixa, os partidos dan voltas... É unha competición moi igualada; e sumar sempre é recomendable e eleva o ánimo".
Tamén se marcha "contento por #ANOSAFORZA, outra lección do que é a afección do Dépor, un ambiente precioso coa afección do Racing".
Admite que no vestiario "sabiamos que hoxe era recomendable gañar porque se se che ocorre porche con 0 puntos de 9 a semana é fodida. Gañamos. O equipo fixera 2 partidos bos. Non brillantísimos pero bos nos que estivera por encima do Real Oviedo e cerquiña de poder gañar á SD Huesca. Tiñamos 0 puntos e aí dentro vivimos de gañar, vivimos dos puntos. Todos necesitamos gañar. Hoxe é unha vitoria importante. Non podemos esquecer que vimos de onde vimos, debutando nesta cateogoría outra vez e empezas 0 de 6. Bastante interesante sacar estes 3 puntos e que podamos mirar a semana con outros ollos".
De feito, Imanol Idiakez insiste en que ante o Racing "acertamos unha e non concedemos ningunha. Viñamos de facer 2 bos partidos. O día do Oviedo fixemos moi bo partido, deixamos moi pouquiño ao Oviedo, non nos deu para meter e o gol deles penalizounos. E o día do Huesca fixemos unha segunda parte na que todos tiñamos máis na cabeza gañar que perder e acabamos perdendo. Hoxe seguramente foi o partido menos brillante dos 3 e conseguimos os 3 puntos. É o que ten o fútbol. Quedo con competir. O Racing ten moito poderío co xogo aéreo, cos centrais, Luis Perea; e defendemos ben todas as accións a balón parado".
Finalizado o mercado de verán, o técnico deportivista pensa que o obxectivo do Dépor en LaLiga Hypermotion é "gañar o sábado que vén outros 3 puntos e pornos con 6".
Pola súa banda, Cristóbal Parralo, adestrador do Racing de Ferrol, cualificou o partido de "moi competido, moi igualado, con non moitas ocasións para os dous equipos. Algunha clara para nós e para eles. Nun detalle, nun córner sacado en curto encaixamos un gol e a partir de aí tentámolo, tivemos algunha ocasión dun contra un co porteiro. Non logramos empatar pero hai que seguir traballando. O equipo compite ben pero non nos chega para conseguir a primeira vitoria".