RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Marina Artero con España sub-19 supera a Alemaña e xa está en semifinais do Campionato de Europa

-Foto:@rfef.es

 

A deportivista Marina Artero (na foto na fila do medio a quinta futbolista empezando pola esquerda) está concentrada coa selección española sub-19 en Kaunas (Lituania) con motivo da Fase Final do Campionato de Europa da categoría.

España necesitaba o triunfo ante Alemaña no terceiro e último partido da Primera Fase, hoxe domingo en Jonava, para poder aspirar a clasificarse para as semifinais.

Pois ben, o equipo nacional venceu (0-2) coa futbolista branquiazul no campo durante todo o encontro.

A segunda cita para España neste torneo foi o xoves 18 de xullo ante Países Baixos.

Marina Artero tamén xogou completo un partido que caeu para as holandesas (1-0) cun gol no minuto 88. 

O primeiro partido da competición, ante as irlandesas, finalizou con empate (0-0) e a xogadora do Dépor ABANCA seguiu o encontro desde o banco.

Inglaterra, o mércores 24 de xullo ás 13:00 en Marijampole, será o rival de España por un posto na gran final.

O calendario do combinado nacional, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Luns 15 de xullo
ESPAÑA 0 - REPÚBLICA DE IRLANDA 0

Xoves 18 de xullo
PAÍSES BAIXOS 1 - ESPAÑA 0

Domingo 21 de xullo
ALEMAÑA 0 - ESPAÑA 2

Mércores 24 de xullo
Semifinais
13:00: INGLATERRA - ESPAÑA no Marijampole Stadium de Marijampole