RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B asegura talento ofensivo con Laura Ruiz

O Dépor ABANCA B amarra o talento de Laura Ruiz García (Oroso, A Coruña, 18 de marzo de 2007) para as 4 próximas temporadas.

Formouse no ED Xuventude de Oroso e o Victoria FC de Santiago, club no que militou en Tercera RFEF desde a temporada 2021-22 a pesar da súa curta idade.

Así, a campaña recentemente finalizada (2023-24) xogou 29 partidos, 28 deles como titular; e anotou 3 goles.

Coa selección galega foi subcampioa de España nas categorías sub-15 e sub-17.

A centrocampista branquiazul convértese no terceiro reforzo despois de Alejandra de Benito 'Vázquez' e Paula Redruello 'Redru' a un Dépor ABANCA B que tamén amarrou a continuidade de Laura Otero, Paula Monteagudo, Carmen Carballada, Elena Vázquez, Paula Novo e Marta Rico.