RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA ponse en marcha cos recoñecementos médicos e físicos ás futbolistas

O Dépor ABANCA púxose esta mañá en marcha cos rutineiros recoñecementos médicos e físicos ao cadro, paso previo ao comezo dos adestramentos mañá martes 23 de xullo.

Este exhaustivo exame ás xogadoras completarase o mércores pola tarde cun ecocardiograma no Hospital Quirónsalud A Coruña.

Inês Pereira, Olaya, Vera Martínez, Oriana Altuve e Patricia Hmírová foron as caras novas na súa primeira toma de contacto coas súas novas compañeiras.

Pancha Lara e Ayaka incorpóranse o mércores; mentres que Marina Artero está concentrada coa selección española sub-19 e Michi Apóstol, con Venezuela sub-20.

A coruñesa Lía Muiño estivo de permiso.

Mañá o equipo saltará por primeira vez ao céspede da Cidade Deportiva nesta primeira semana de pretemporada.

Irene Ferreras dispuxo de 4 sesións até o venres 26 de xullo incluído e un adestramento no ximnasio unha das tardes, posto que as xogadoras traballarán en 3 grupos.

Cada día antes de saír ao céspede haberá ximnasio e ao acabar, comida obrigatoria na instalación excepto o venres.

A planificacición semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 23 de xullo
11:15 h.

Mércores 24 de xullo
11:15 h.

Xoves 25 de xullo
11:15 h.

Venres 26 de xullo
11:15 h.