RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA suma no seu campo maldito para manter a súa vantaxe á fronte da táboa (0-0)

O Deportivo ABANCA sumou un punto ao empatar sen goles na súa visita a un dos seus campos malditos, o Municipal de Recasens, grazas ao cal mantén a súa vantaxe á fronte da táboa de Primera Federación Iberdrola.

O partido de hoxe ante o SE AEM ilerdense foi moi distinto ao de ida, no que as coruñesas se impuxeron con claridade en Abegondo (3-0), nun choque marcado pola expulsión da porteira Laura Martí no minuto 24.

Os primeiros minutos foron de moita disputa, co SE AEM presionando moi alto. As ocasións nas que as deportivistas superaron esa presión e levaron a pelota até Millene, a brasileira recibiu numerosas faltas. Até en tres ocasiones foi derrubada antes de realizar, no minuto 12, o primeiro disparo de todo o encontro, un zurdazo desde a frontal da área que se perdeu por riba do traveseiro. O primeiro lanzamento a porta do equipo ilerdense non chegou até o minuto 20. Saíu de botas de Elisa, moi centrado, fácil para Yohana.

A segunda metade do primeiro período careceu de chegadas á área. A única opción de gol tívoa Clara, nun libre directo que foi a mans da porteira no minuto 37.

A tónica mantívose na segunda metade. A primeira oportunidade branquiazul chegou ao fío da media hora, após unha acción individual de Millene cuxo disparo detivo Laura Martí. Na seguinte xogada produciuse unha dobre ocasión nun primeiro remate de Eva Dios e despois de Millene no rexeite da gardameta.

A mellor oportunidade de todo o partido tívoa Marta Charle no minuto 73. A soriana non puido bater a Laura Martí, que quedou a media saída, posto que o seu disparo quedou curto até o punto de que o atrapou a gardameta, que estaba completamente vendida.

Nos minutos finais, as deportivistas aumentaron a súa presión, pero salvo un par de saques de esquina que non chegaron a rematar non gozaron dalgunha posibilidade de levar os tres puntos. O partido concluíu sen goles no 'campo maldito' do Deportivo ABANCA, xa que en tres visitas a Recasens non conseguiu ver porta: 0-0 no curso 2021-22 e hoxe e derrota por 1-0 na campaña 2022-23.

No apartado estatístico, cabe apuntar que Paula Gutiérrez xogou o seu partido oficial número 80, co que iguala a Patri López na 12ª posición do ranking histórico.

Con esta igualada, as branquiazuis suman 38 puntos e manteñen a súa vantaxe sobre o RCD Espanyol, que empatou onte sábado en casa ante o CDF Osasuna Femenino (1-1) e queda con 35. O FC Barcelona B, que non pode ascender, é agora segundo con 37 puntos após gañar esta mesma mañá en Vitoria (0-1), mentres que o Alhama CF, que gañou onte ao Madrid CFF B (3-2), é cuarto con 33.

SE AEM: Laura Martí, Loba, Vera Rico (Abril, min. 82), Alba (María Cortés, min. 82), Hitomi, Meri, Elisa, Anita, Palacios, Noelia e Evelyn.

Deportivo ABANCA: Yohana, Cris Martínez (Samara, min. 74), Inés Altamira, Raquel García, Clara, Henar, Paula Gutiérrez, Eva Dios (Lía M., min. 62), Ainhoa Marín, Charle (Lucía Rivas, min. 74) e Millene.

Árbitra: Patricia Gómez Gómez (c. madrileño). Cartón amarelo a Inés Altamira (min. 52), Alba (min. 64), Cris Martínez (min. 68) y Anita (min. 86).

Incidencias: partido correspondente á 17ª xornada de Primera Federación Iberdrola disputado no campo Municipal de Recasens (Lleida).