RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor clasifícase con solvencia para a final do Teresa Herrera ao golear ao Unionistas de Salamanca CF

Un Dépor solvente e moi superior clasificouse para a gran final da LXXIX edición do Trofeo Teresa Herrera ao golear (5-0) ao Unionistas de Salamanca CF.

Os galegos Hugo Rama e Luis Chacón foron os protagonistas do partido ao anotar 2 tantos cada un.

O Dépor cobrou pronto vantaxe no marcador. Aos 8 minutos de partido Barbero recibe un balón filtrado ás costas da defensa e bate a Iván Martínez no man a man.

O partido discorría cun ritmo pousado, con poucas opcións de perigo.

Aos 22 minutos, un centro de Luis Chacón desde a banda dereita non chega de cabeza Barbero por moi pouco.

Pouco despois, Luis Chacón mete un gran pase en profundidade a Rubén López pero o seu pase atrás non atopa rematador.

Nas botas do ex deportivista Gorka Santamaría estivo a oportunidade máis clara do equipo salmantino. Após regatear a Pablo Vázquez marchouse só ante a meta de Germán pero o balón quedóuselle atrás xusto para que a defensa deportivista despexase.

Unionistas fíxose co control durante uns minutos e acosou aos branquiazuis, hoxe coa camiseta galega recentemente lanzada, a base de centros laterais.

Pero no minuto 42 Hugo Rama encarrilou a semifinal ao lograr o segundo nun disparo desde a frontal ao pau dereito da meta do Unionistas.

Con este resultado chegouse ao descanso.

Após o paso polos vestiarios, Hugo Rama sentenciou o partido cun lanzamento de falta fóra da área imposible para Iván Martínez.

Dous minutos máis tarde Luis Chacón facía o 4º a pase de Hugo Rama, o futbolista do partido.

Repetiría Luis Chacón no quinto da noite no minuto 66 ao rematar de cabeza no segundo pau un centro de Davo.

O partido xa era un monólogo deportivista ante un rival xa entregado.

Imanol Idiakez aproveitou para facer rotacións e evitar o risco de lesións, tal e como apuntara na rolda de prensa previa.

Entre os que saltaron ao céspede estivo Mfulu, que relevou a Jose Ángel no mediocentro e debutou así co seu novo equipo.

Co pase sentenciado entre a alegría de ANOSAFORZA, o Dépor limitouse no carrusel de cambios a tocar a pelota pero sen perder de vista a portería de Iván Martínez.

Nos minutos finais, Imanol Idiakez fixo debutar a outro canteirán co primeiro equipo, Adrián Guerrero.

Deportivo: Germán, Petxarromán (Pablo García, min. 62), Pablo Vázquez (Ximo Navarro, min. 46), Dani Barcia (Aarón, min. 82), Iano (Mella, min. 82), Rubén López (Berto Cayarga, min. 75), Jose Ángel (Mfulu, min. 62), Hugo Rama (Villares, min. 75), Luis Chacón (Guerrero, min. 82), Kevin Sánchez (Davo, min. 46) e Barbero (Martín Ochoa, min. 62)

Unionistas de Salamanca CF: Iván Martínez, Carlos García, Ramiro (Adrián García, min. 76), Imanol Baz (Dani García, min. 62), Rastrojo (Iván Moreno, min. 31), Pau Martínez (Pablo Pérez, min. 62), Tavares (Álvaro Gómez, min. 62), Iñaki González (Steffan, min. 62), Vergés (Parra, min. 62), Santamaría (Da Nava, min. 62) e Aitor Pascual

Goles: 1-0 Barbero (min. 8); 2-0 Hugo Rama (min. 42); 3-0 Hugo Rama (min. 48); 4-0 Luis Chacón (min. 54); 5-0 Luis Chacón (min. 66)

Árbitro: Álberto Gómez Lameiro, do colexio galego. Amoestou a Raúl Tavares (min. 47) e Carlos García (min. 58)

Incidencias: Segunda semifinal da LXXIX edición do Trofeo Teresa Herrera para ver a un Dépor que estreou o seu equipamento galego por 11.094 persoas