O Dépor Genuine e o Asperga CF medíronse nun amigable de fútbol sala en San Francisco Javier
O Dépor Genuine, despois da súa participación como anfitrión da 2ª fase de LaLiga Genuine 2023-24, retomou a actividade cun encontro amigable de fútbol sala o pasado sábado 13 de abril, na cancha do colexio San Francisco Javier co Asperga FC como rival.
O partido fronte ao equipo da Asociación Galega de Asperger tivo lugar no polideportivo do centro escolar da Cubela a partir das 13:00 horas. O conxunto anfitrión impúxose por 2-1.
O Dépor Genuine conta esta temporada co imprescindible apoio e patrocinio de Vales y Asociados, Duacode, Quirónsalud e Ontime.