Primeira sesión esta mañá de Raúl Alcaina e Luis Quintero en Abegondo
Os dous reforzos branquiazuis chegados nas últimas horas ao Dépor, Raúl Alcaina e Luis Quintero, adestráronse esta mañá por primeira vez cos seus novos compañeiros.
En competición os dous esta temporada, ambos completaron a sesión con total normalidade. "Son xogadores que case todo o mundo que xoga en Primera RFEF coñéceos. Eu veño aquí a competir o posto, a axudar aos meus compañeiros no que poida, ao equipo e nesa liña estou", subliñou Raúl na sala de prensa minutos antes de saltar ao céspede.
Imanol Idiakez dispuxo para arrincar a semana de traballo previa ao partido deste domingo 4 de febreiro ás 19:00 ante o CF Fuenlabrada en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV) dunha activación con rondos e unha serie de exercicios de posición.
Martín Ochoa e Retuerta incorporáronse ao grupo, do mesmo xeito que Alberto. Así pois, unicamente Paris Adot estivo hoxe con traballo personalizado.
Mella, Rubén e Iano Simão, co citado Martín Ochoa, foron esta mañá os representantes de #ANOSACANTEIRA.
Mañá xoves o equipo está citado para almorzar na instalación ás 8:45 e adestrarse a partir das 11:00 horas.