RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Segundo partido de Michi Apóstol con Venezuela sub-20 en Austria, mañá luns ante o Slovan de Bratislava

Foto:@fvf.com.ve

 

Michi Apóstol (na foto abrazada polas súas compañeiras) está concentrada coa selección venezolana sub-20 en Austria desde o pasado luns 8 de xullo ao martes 16 de xullo.

A futbolista branquiazul prepara na cidade de Wiener Neustadt a Copa Mundial Feminina Sub-20 da FIFA Colombia 2024, á que Venezuela se clasificou no pasado Campionato Suramericano do mes de abril e maio en Ecuador.

Durante este período en Austria están previstos dous amigables para a 'Vinotinto'. O segundo deles será mañá luns 15 de xullo ás 17:00 ante o Slovan de Bratislava ás 17:00 no estadio Wiener Neustadt.

O primeiro, ante Marrocos, xogouse en 2 días. O venres, Michi Apóstol arrincou no once inicial e co brazalete de capitán. Con todo, e con 0-1 no marcador, o encontro foi suspendido no minuto 47 debido a unha forte tormenta eléctrica.

Onte sábado, na continuación, as venezolanas conseguiron darlle a volta cun tanto da futbolista branquiazul no minuto 94.

O calendario de partidos de Venezuela, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 12 de xullo
VENEZUELA 2 - MARROCOS 1

Luns 15 de xullo
17:00: VENEZUELA - SLOVAN BRATISLAVA, no estadio Wiener Neustadt