RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Tres sesións de traballo para Os Nosos previas ao choque nas Gaunas

Imanol Idiakez disporá desde mañá mércores de 3 sesións de traballo matinais en Abegondo para preparar a visita á SD Logroñés prevista para o sábado 10 de febreiro ás 18:00 nas Gaunas (FEF TV), correspondente á 23ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Os resultados da pasada fin de semana, co triunfo (4-1) en ABANCA-RIAZOR ante o CF Fuenlabrada, deixou a Os Nosos en 5º lugar con 38 puntos, a 5 puntos do líder, a SD Ponferradina.

Cada día que haxa actividade na Cidade Deportiva, o cadro está citada a partir das 8:45 para almorzar xa na instalación.

O venres, o adestramento adiántase media hora, de 11:00 a 10:30 para, nada máis concluír, desprazarse a Logroño, vía Bilbao.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 7 de febreiro
11:00 h

Xoves 8 de febreiro
11:00 h.

Venres 9 de febreiro
10:30 h.

Sábado 10 de febreiro
18:00: SD Logroñés - Deportivo, nas Gaunas