RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Un Fabril "cada vez máis cómodo" enfróntase mañá sábado ás 12:00 en Astillero ao Rayo Cantabria

O Fabril enfróntase mañá na localidade cántabra de Astillero ao Rayo Cantabria (12:00 horas), en partido correspondente á 9ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.

Óscar Gilsanz, en rolda de prensa esta mañá, ve ao seu equipo "cada vez máis cómodo" e cre que a medida que avanza a competición "compite mellor".

Ademais da colectiva, o técnico fabrilista ve unha "evolución individual nos xogadores. Iso é unha satisfacción para os que traballamos con xente nova".

O filial chega ao partido após golear o pasado domingo (4-0) ao UM Escobedo en Abegondo e situado na 10ª posición con 10 puntos.

Son baixa para este partido por lesión Mardones, Álex Pereira, Jaime Garrido, Fabián e Kevin, este con unha lesión muscular nun sóleo.

Manu Ferreiro tampouco entrou na convocatoria aínda que "está case para entrar", subliñou Óscar Gilsanz.

Por contra, o xuvenís Guerrero, Noé e Pablo García, que viaxou esta semana co primeiro equipo a Valencia para o partido ante o Levante UD, completan a convocatoria.

Pola súa banda, o Rayo Cantabria, que a pasada fin de semana caeu (2-1) en Pasarón co Pontevedra CF, é 9ª con 12 puntos.

O preparador da Fabril alerta que "é un filial moi competitivo, fai bo fútbol, leva varios anos traballando con Ezequiel (Loza, adestrador), gústalle ter o balón, atacar rápido, atacar espazos, cun ritmo moi alto de xogo e compite en todos os campos, en todos os partidos".

No seu campo de La  Planchada esta temporada, o Rayo Cantabria gañou ao UD Llanera (2-0) e SD Compostela (2-1); empatou co CD Laredo (0-0); e perdeu co Real Ávila CF (0-2).

En rolda de prensa, Ezequiel Loza afirma que "o Fabril é un equipo como nós, con xogadores novos, con moita ilusión, moita calidade, velocidade e manexa ben as distintas fases do xogo".

Por conseguinte, vaticina un partido "moi bonito para o espectador e complicado para os dous equipos".