RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Vázquez, polivalencia para a defensa do Dépor ABANCA B

Alejandra de Benito Vázquez (Madrid, 12 de novembro de 2005), coñecida futbolísticamente como Vázquez, achegará polivalencia á defensa do Dépor ABANCA B até xuño de 2026.

A futbolista madrileña, que é central pero tamén pode actuar en todos os postos da defensa, formouse nas categorías inferiores do Atlético de Madrid antes de dar o salto ao seu gran rival, ao equipo xuvenil do Real Madrid na temporada 2022-23.

Vázquez ademais disputou 4 partidos co filial branco, que se proclamou campión de Segunda RFEF co consecuente ascenso a Primera Federación Iberdrola.

A novo defensa branquiazul convértese no segundo reforzo despois da chegada de Paula Redruello 'Redru' a un Dépor ABANCA B que tamén amarrou a continuidade de Laura Otero, Paula Monteagudo, Carmen Carballada, Elena Vázquez, Paula Novo e Marta Rico.