Yeremay Hernández foi o protagonista de Os Nosos este xoves na sala de prensa de Abegondo.
É realista e sostén que neste arranque ligueiro "temos os puntos que temos. Seguramente igual algún punto máis poderiamos ter, pero estes son os puntos que temos e é o que hai. Temos que seguir remando para sacar máis".
Pensa que esta Segunda División "é unha categoría difícil, moito máis difícil que Primera RFEF e claro que é máis complicado. Os equipos xa teñen a xogadores dun nivel máis alto, están máis preparados e é máis fodido gañarlles. É moi longo e o ano pasado xa se viu que empezamos daquela maneira, logo remontamos todo iso malo que estabamos a facer e terminamos a temporada como todos queriamos. Hai que ter tranquilidade, que é moi longo, son moitas xornadas. Estamos nunha liña boa e temos que que seguir así porque é o que temos que facer".
Admite que, despois das visitas consecutivas ao Granada CF e ao Córdoba CF, hai no vestiario "moitas ganas do partido desta fin de semana. Vimos dunha derrota fóra e agora xa temos moitas ganas de xogar en ABANCA-RIAZOR con #ANOSAFORZA e de sacar os 3 puntos".
Precisamente do partido do pasado venres no Nuevo El Arcángel lembra que "xeramos sobre todo na primeira parte bastante. Chegamos a ter 2 ou 3 claras e non entraron. A ocasión miña, esa que tiven, teño que mellorar aí. A ver se este finde teño outra e podo metela".
Cualifica ao Burgos CF, rival este sábado 21 de setembro ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR (#Vamos), como un equipo "de Segunda División, un equipo rochoso que non se pon nervioso nin no minuto 5 nin no 90. É o típico equipo de Segunda División moi, moi duro defensivamente, que sabe a ao que xoga; e vai ser moi complicado gañarlles".
Iso si, Yeremay advirte que "cando xogamos en ABANCA-RIAZOR xogamos con 1 xogador máis porque están todo o partido animándonos e iso esta fin de semana vaise a notar e vainos a axudar seguramente".
Finalmente, desexa xogar con Lucas Pérez "moito tempo máis polo que achega ao Dépor, e tamén a min e a Mella axúdanos nucho do día a día. E logo a min gústame moito xogar con el, entón que quede aquí moito tempo"; indica que Mella "tarde ou cedo vai renovar" porque "é do Dépor. Xa puido irse a outro equipo e quedou"; e de Mario Soriano confesa que manteñen unha boa amizade e "é un xogador que me gusta. Ten moita calidade e a min encántame".